Proxecto

TUVOTO.EU é unha Aplicación de Orientación do Voto de eido español creada para as eleccións do 26 de maio de 2019 ao Parlamento Europeo.

As Aplicacións de Orientación do Voto (AOV) son ferramentas electrónicas que permiten localizar o electorado dentro dun sistema de partidos determinado. Este tipo de aplicación non busca determinar o voto do elector, senón ofrecer un posicionamento concreto segundo as súas respostas dunha maneira precisa e en base ás propostas e accións das diferentes candidaturas.

TUVOTO.EU toma forma de páxina web, e baséase  nun cuestionario que localiza o usuario ideoloxicamente, en bloques temáticos concretos, respecto ás candidaturas que concorren ás eleccións do 26 de maio de 2019 ao Parlamento Europeo. Unha vez completado o cuestionario, o usuario obtén unha serie de resultados que lle permiten ver, de xeito gráfico e intuitivo, cal é a candidatura que máis se achega ás súas preferencias. TUVOTO.EU é unha iniciativa que se constrúe desde o rigor metodolóxico e a total independencia con respecto aos partidos políticos, dous riscos distintivos esenciais para garantir uns resultados fidedignos aos nosos usuarios.

Este proxecto nace da experiencia de dous formatos anteriores: en 2015 e 2017 elaborouse a plataforma EL TEU VOT para as eleccións correspondentes ao Parlamento de Cataluña. Esta primeira experiencia contou con máis de 140 000 usuarios únicos.

En 2018, utilizouse a mesma ferramenta para as eleccións de medio termo en Estados Unidos para a elección de senador e gobernador nos estados de Florida e Texas. Nesa ocasión, elaborouse o proxecto con Univision Noticias baixo o dominio TUVOTO.APP.

 

QUEN SOMOS

Tecpol é un proxecto de ideograma baseado na análise, investigación e elaboración de proxectos relacionados coa tecnopolítica.

ideograma é unha empresa de consultoría e asesoramento en comunicación pública cunha traxectoria de máis de 30 anos. Un dos eixes da súa actividade profesional desenvólvese a partir de proxectos relacionados coa innovación social e política a través das tecnoloxías dixitais. Así, ideograma fomenta, lidera e colabora con iniciativas que teñan como obxectivo o despregamento de ferramentas para a mellora dos procesos políticos ou a transformación das organizacións.

 

Este proxecto conta coa colaboración científica do CIDOB.

O CIDOB é un think tank independente e plural con sede en Barcelona, dedicado ao estudo, a investigación e a análise de temas internacionais.

O CIDOB traballa para elaborar e ofrecer a todos os actores políticos, desde a cidadanía ata as organizacións internacionais, información e ideas para formular e impulsar políticas que revertan nun mundo máis seguro, libre e equitativo para as persoas.