Política de privacidade e Aviso legal

O respecto á privacidade do usuario e a protección dos seus datos de carácter persoal son un dos obxectivos fundamentais de IDEOGRAMA, S. A. (en diante, IDEOGRAMA).

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679 da Unión Europea, este labor de recompilación dos datos rexerase a partir dos termos descritos a continuación:

INFORMACIÓN SOBRE A RECOMPILACIÓN, FINALIDADE, LEXITIMACIÓN E TEMPO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

IDEOGRAMA pode recompilar datos daqueles usuarios que se poñan en contacto coa empresa por correo electrónico ou teléfono, e que lexitimarán o tratamento dos datos segundo as estipulacións recollidas no presente apartado e o consentimento prestado polo usuario.

O usuario consente, expresa e inequivocamente, que aqueles datos de carácter persoal que facilite sexan incorporados aos nosos ficheiros, así coma o seu tratamento automatizado, ou non, coa finalidade de xestionar o motivo do seu contacto, darlle trámite a nivel administrativo, prestar os servizos sinalados na nosa páxina web, así coma para a remisión de comunicacións comerciais, promocionais ou publicitarias.

Infórmaselles aos usuarios que o devandito consentimento tamén se presta para a cesión ou comunicación dos datos incluídos nos ficheiros ás sociedades coas que teña relación contractual IDEOGRAMA, coa finalidade de que estas poidan tratar os seus datos de carácter persoal con fins iguais aos mencionados no parágrafo anterior.

Os devanditos ficheiros atópanse debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos consonte a lexislación vixente e normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, comunícaselles aos usuarios que os datos de carácter persoal serán conservados ata que deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que foron recompilados ou rexistrados nos nosos ficheiros.

Posteriormente, os datos de carácter persoal que cumpran esta condición serán cancelados, agás que haxa unha norma de rango legal que habilite a súa conservación. Cabe destacar que os datos de carácter persoal serán cancelados cando o usuario exerza o dereito de cancelación destes.

DEREITOS DOS USUARIOS

Este consentimento pode ser revogado e, por iso, os usuarios poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos de acordo co Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal dirixindo unha comunicación por escrito ao domicilio social de IDEOGRAMA: Rúa Consell de Cent, 159, Local A, da localidade de Barcelona (C.P. 08015 – Barcelona); ou ben a través do correo electrónico protecciondatos@ideograma.org incluíndo en ambos os casos fotocopia do DNI ou outro documento de identificación similar, co asunto “PROTECCIÓN DE DATOS – IDEOGRAMA”.

O usuario ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos se considera que se vulneran os dereitos anteriormente expostos na presente Política de privacidade ou se considera que o tratamento de datos persoais que lle concirnen infrinxe o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o seu Regulamento de Desenvolvemento.

REDES SOCIAIS

IDEOGRAMA está presente nas principais redes sociais: Twitter, Facebook, LinkedIn, YouTube e Instagram. Por este motivo, asume o papel de responsable do tratamento dos datos vertidos nos seus perfís derivados de amigos, likes, seguidores, comentarios, pins, etc.

O usuario acepta expresamente estar sometido aos termos e condicións que, en materia de privacidade, dispoñen as distintas redes sociais ou plataformas onde IDEOGRAMA está presente, facultando IDEOGRAMA para utilizar os medios dispoñibles nas devanditas redes sociais para informar os usuarios sobre as diferentes actividades e servizos que realiza.

SEGURIDADE APLICADA AOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Para os datos facilitados que sexan de carácter persoal, IDEOGRAMA adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias co obxectivo de evitar a perda dos datos, o tratamento ou o acceso non autorizado de terceiros tal e como estipula a lexislación vixente na materia, e tendo en conta o estado da tecnoloxía e a natureza dos datos almacenados.

MODIFICACIÓNS

A presente Política de privacidade poderá actualizarse en calquera momento con base nas necesidades propias da páxina web e futuros cambios lexislativos en materia de privacidade, reservándose IDEOGRAMA este dereito en exclusiva.

Contacto con IDEOGRAMA Rúa Consell de Cent, 159, Local A Barcelona (08015 – Barcelona)

Tlf. 93 488 11 78

protecciondatos@ideograma.org