O proxecto de TUVOTO.EU constrúese sobre dous piares fundamentais: a metodoloxía, é dicir, a maneira en que se creou esta aplicación de orientación de voto; e a independencia con respecto aos partidos políticos e/ou institucións públicas.
Estes dous elementos dan a esta iniciativa o rigor e a validez necesarios para ser tidos en conta ao localizar o electorado nun determinado escenario político.
A metodoloxía é un elemento central para a elaboración dun proxecto das características de TUVOTO.EU. É moi importante que o usuario poida saber de onde saen os seus resultados. Pero non só iso, tamén é importante saber por que as preguntas que conforman o cuestionario son as adecuadas, por que as opcións de resposta son unhas e non outras, como se definen as preferencias dos partidos e, por suposto, como as respostas de cada elector se traducen en números e estes, en gráficos.
O cuestionario de TUVOTO.EU contén X preguntas, cuxa elaboración seguiu os seguintes criterios:
Todas as preguntas do cuestionario terán a mesma escala de respostas. Esta escala consta de cinco categorías etiquetadas e elixidas segundo criterios empíricos. Consideramos que, con cinco categorías de resposta, pode observarse a dirección e a intensidade da resposta, á vez que permite tamén unha categoría neutral.
As categorías serán:
Tamén se incluirá unha opción de Non sabe/Non contesta porque, dada a obrigatoriedade de responder todas as preguntas, é necesaria unha opción á que o enquisado poida recorrer no caso de non saber a resposta ou non querer responder (pero, aínda así, rematar o cuestionario).
Estas categorías de resposta serán as das preguntas que conforman o cuestionario. Así mesmo, como se explicou, tamén haberá preguntas para coñecer as características dos usuarios.
O obxectivo do cuestionario é determinar a proximidade dos enquisados cunhas candidaturas ou outras. Así, por unha banda, é necesario saber as preferencias dos electores e, por outra banda, as preferencias das candidaturas.
A cada lista presentada ás eleccións outorgaránselle unhas preferencias segundo tres elementos:
As preferencias dos partidos adoitan quedar reflectidas nos diferentes medios de comunicación. Polo tanto, tamén se fará un repaso das declaracións feitas polos diferentes membros dos partidos que aparecen nos diferentes medios.
Finalmente, non se poden entender as preferencias dos partidos sen ter en conta os programas electorais cos que estes se presentan ás eleccións. Para definir as preferencias dos candidatos, farase un repaso exhaustivo dos programas e promesas electorais, onde presentan por escrito as propostas que levarán a cabo en caso de gañar as eleccións.
O equipo de TUVOTO fará un repaso da acción política previa de cada candidato en cargos públicos ou accións fóra do eido institucional para situar as súas preferencias segundo a tarefa realizada.
Combinando estes tres elementos, estableceranse as preferencias de cada lista nunha matriz de datos. A modo de exemplo:
PREGUNTA X | |||||
TED | ED | NAND | DA | TDA | |
CANDIDATURA Y | 0 | 0,2 | 1 | 4 | 5 |
Segundo esta táboa, para a candidatura Y, a resposta máis próxima ás súas preferencias á pregunta X é Totalmente de acordo (TDA = 5). Do mesmo xeito, a resposta que se atopa máis lonxe das súas preferencias é Totalmente en desacordo (TED = 0). Polo tanto, se un enquisado responde á pregunta X que está totalmente de acordo, esta resposta achegará as súas preferencias ás do partido Y. Esta táboa estará feita para cada unha das preguntas do cuestionario e para todos os partidos que se presentan ás eleccións. Por último, a derradeira pregunta pediralle ao enquisado que ordene os diferentes bloques temáticos segundo a importancia subxectiva que se lles dea. Farase o mesmo coas diferentes candidaturas. Esta última pregunta ponderará os diferentes bloques segundo a importancia que o usuario lles dea e permitirá definir mellor a proximidade entre partido e elector.
As candidaturas que aparecen na ferramenta foron seleccionadas con dous criterios: amósanse aquelas candidaturas que conteñen partidos políticos que posúan actualmente representación no Parlamento Europeo e, ao mesmo tempo, aquelas candidaturas que obterían representación segundo as sondaxes preelectorais elaboradas polo Parlamento Europeo.