Partidos políticos candidatos ao Parlamento Europeo

PSOE

PP

C’s

Unidas Podemos

Ahora Repúblicas (ERC+BILDU+BNG)

CEUS (PNV+Geroa Bai+CC+CxG+DemVal+ComxGalicia)

JuntsxCAT

Compromís

VOX

1 / 24
Política social
A Unión Europea debe facer esforzos para loitar contra a temporalidade no mercado laboral.
2 / 24
Política social
Debe regularse por lei o prezo dos alugueiros en grandes cidades.
3 / 24
Política social
A gestación de substitución con carácter altruísta debe ser unha práctica permitida en España, como o é o Reino Unido e Grecia.
4 / 24
Política social
As leis contra a violencia de xénero deberían ser máis estritas e iguais para todos os Estados membros.
5 / 24
Política social
Deberían aumentarse as subvencións europeas ás enerxías renovables.
6 / 24
Política social
As penalizacións aos países da UE por superar os parámetros de contaminación atmosférica deberían ser máis estritas.
7 / 24
España na UE
España cedeu demasiada soberanía ás institucións europeas.
8 / 24
España na UE
A Unión Europea debe exercer un papel mediador nos procesos de soberanía dos seus Estados membros.
9 / 24
España na UE
España debe apostar polo mercado único, deixando de lado a integración política da UE.
10 / 24
España na UE
As identidades rexionais deben ter maior representación na Unión Europea.
11 / 24
España na UE
Os turistas comunitarios non deberían beneficiarse das mesmas condicións de asistencia sanitaria que os españois, para evitar o chamado "turismo sanitario".
12 / 24
Política económica
O gasto social é máis importante que respectar o teito de débeda nacional.
13 / 24
Política económica
As institucións da UE deberían ser máis flexibles no pagamento da débeda gobernamental dos países que máis sufriron os efectos da crise.
14 / 24
Política económica
Debe financiarse unha renda básica universal para todos os cidadáns.
15 / 24
Política económica
A Unión Europea debería contar cun maior orzamento.
16 / 24
Política económica
As subvencións á produción agrícola (PAC) deben deixar de ser unha das principais dotacións orzamentarias da UE.
17 / 24
Política económica
A implementación do euro como moeda única aumentou as desigualdades e limitou os instrumentos de política monetaria.
18 / 24
Futuro UE
A UE debe contar con ferramentas máis eficientes á hora de penalizar os Estados membros se estes vulneran dereitos fundamentais dos seus cidadáns.
19 / 24
Futuro UE
Os países da UE deberían exercer un maior control fronteirizo dentro do espazo Schengen para garantir a seguridade nacional.
20 / 24
Futuro UE
Os solicitantes de asilo deben ser repartidos entre os Estados membros de xeito solidario en base a un sistema de cotas.
21 / 24
Futuro UE
Aumentar a participación na Política Común de Seguridade e Defensa é o camiño para mellorar a seguridade nacional.
22 / 24
Futuro UE
A Unión Europea debería poder impoñer límites aos Estados membros en relación coa venda de armas a terceiros países.
23 / 24
Futuro UE
Deberíase facer un esforzo para integrar novos Estados como membros da UE.
24 / 24
Por último, encarga a cada grupo temático segundo sexan importantes para vostede no exercicio do seu dereito de voto.
  • España na UE
  • Futuro UE
  • Política económica
  • Política social
Arrastre os distintos bloques para ordenalos segundo a orde de importancia.